José Manuel Lago Peñas
Vigo  1956

Economista. Licenciado na Universidade de Santiago de Compostela. A súa especialidade é a política industrial e o mercado de traballo. Comezou a traballar no ano 1982 nunha empresa dedicada ao sector da construción e a partir de 1985 entrou a traballar no gabinete económico do sindicato nacional CC.OO de Galicia, do que foi coordinador. Foi director económico financeiro da CRTVG entre 2005 e 2009.

Desde 2013 é membro do gabinete confederal de CC.OO. Profesor de Estrutura Económica Social e Políticas Sociolaborais na Escola de Relacións Laborais da Universidade da Coruña. Foi membro do Consello Asesor do IGAPE e do Consello Económico e Social de Galicia. Membro do Foro Económico de Galicia. Participou nos seguintes libros colectivos:

  • Chaves de economía publica galega (2006)
  • Globalización, competencia e deslocalización. Perspectivas desde Galicia (2007)
  • Territorio, financiación e control de gasto (2008).

Colaborador habitual en diferentes medios escritos e audiovisuais.


Contacto:
En Marea
Foto de José ManuelLago Peñas
Circunscrición de A Coruña

Asistencias ós órganos parlamentarios

Pleno do Parlamento

  • Deputado na reunión do martes, 11 de xullo de 2017, ás 10:00
  • Deputado na reunión do mércores, 12 de xullo de 2017, ás 10:00

Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

  • Asistencia na reunión do mércores, 05 de xullo de 2017, ás 10:35

Mesa comisión investigación en relación coas antigas caixas de aforros

  • Secretario na reunión do luns, 10 de xullo de 2017, ás 10:00

Comisión de investigación sobre responsabilidades actual situacion caixas

  • Secretario na reunión do xoves, 13 de xullo de 2017, ás 12:35

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408