saltar ao contido

O presidente do Parlamento recibe á consulesa da República Arxentina en Vigo

Santiago, 22 de abril de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara á consulesa da República Arxentina en Vigo, Silvina Isabel Montenegro.

 

Durante a reunión, Santalices interesouse pola situación da colonia arxentina asentada en Galicia, así como pola colectividade galega residente no país austral. “Arxentinos e galegos compartimos lazos históricos, culturais e de sangue que nos converten en irmáns a todos os efectos", subliñou Santalices.

 

 

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación. ​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina