saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 23 de abril de 2024

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 23 de abril de 2024

        

2.1    425 (12/PNP-000008)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego para que siga estendendo a Rede galega de atención temperá

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 11.04.2024

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a seguir estendendo a Rede de unidades de atención temperá para que chegue a máis concellos, co fin de seguir incrementando a presencia territorial das unidades, de evitar gastos e desprazamentos ás familias, e de reducir a lista de agarda".

        

2.2    468 (12/PNP-000021)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Candia López, María Elena e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe facer ao Goberno central co fin de que modifique o Real decreto 637/2021, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas, no que concirne ás explotacións de autoconsumo

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 11.04.2024

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación a que modifique o Real Decreto 637/2021, de 27 de xullo, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas, para suprimir a obrigatoriedade de rexistro das explotacións avícolas para autoconsumo, agás decisión da autoridade competente naquelas explotacións en función do risco sanitario ou criterios de ordenación sectorial da Comunidade Autónoma".

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación. ​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina