Unha delegación da Asemblea dos Azores coñece actividades vinculadas ao sector marítimo galego

 
Santiago, 14 de setembro de 2017.- Unha delegación da Asemblea Lexislativa dos Azores, que visita a Comunidade encabezada pola súa presidenta, Ana Luísa Pereira Luís, acompañada polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, coñeceu esta tarde diferentes actividades e equipamentos relacionados co sector marítimo galego. 
 
Ademais da súa pertenza á lusofonía, Galicia e Azores comparten semellanzas como unha forte relación co mar e as actividades asociadas.
 
A mediodía, a delegación dos Azores visitou o porto deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo. Xa pola tarde, efectuaron unha visita á sede viguesa do Instituto Español de Oceanografía. De seguido, tiveron ocasión de coñecer o porto de Vigo e os Esteleiros Cardama, convidados pola empresa.
 
Esta mañá, e no marco da visita, o Parlamento de Galicia acolleu a presentación dunha unha edición bilingüe do libro Viaxe á Illa do Corvo, publicado por vez primeira en Portugal en 1926 dentro da obra As Ilhas Desconhecidas. Notas e Paisagens, logo da viaxe efectuada polo seu autor, Raul Brandão, ao arquipélago dos Azores en 1924. A traducción ao galego é obra do escritor Xesús Rábade Paredes. O volume inclúe tamén un estudo introdutorio elaborado polo profesor Alonso Montero no que repasa  os vínculos entre Raul Brandão e algúns escritores galegos do seu tempo.
 
Tamén se inaugurou a exposición fotográfica Açores Silêncio e Ser, organizada pola Cámara Lexislativa dos Azores e que poderá ser visitada no Pazo do Hórreo durante as próximas semanas.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Visita a SanxenxoVisita a Estaleiros CardamaEstaleiros CardamaEstaleiros CardamaIEOIEO

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Erro ó carga-la páxina. Error en el servidor remoto: (404) No se encontró.

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408