O Parlamento de Galicia celebra mañá unha xornada sobre a incidencia da adhesión á UE

• A xornada enmárcase na conmemoración do 35 aniversario do Parlamento de Galicia e coincide co 60 aniversario do Tratado de Roma e co 40 da ingreso de España no Consello e Europa
 
• Será inaugurada polo presidente do Parlamento, contará con ponentes de institucións europeas, da Xunta e da universidade e incluirá unha Mesa redonda coa participación dos voceiros dos catro grupos parlamentarios

Santiago, 4 de maio de 2017- O Parlamento de Galicia acollerá mañá venres a celebración dunha xornada sobre  “A incidencia  da adhesión á Unión Europea”, que contará con ponentes das institucións europeas, da Xunta e expertos universitarios, ademais dunha mesa redonda coa participación dos portavoces dos catro grupos políticos representados na Cámara galega.

Esta xornada, que se celebra en vésperas do Día de Europa, previsto para o 9 de maio, enmárcase nas actividades programadas para conmemorar o 35 aniversario da Constitución do Parlamento de Galicia e  coincide co 60 aniversario do Tratado de Roma e co 40 da entrada de España no Consello de Europa.

A actividade será inaugurada polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, que dará paso a un panel de expertos que analizarán a realidade do “Parlamentarismo no proceso de integración Europea”, no que participarán a responsable de Desenvolvemento Rexional e Urbano da Representación da Comisión Europea en España, Katerina Fortún; a presidenta do Congreso de Autoridades Locais e Rexionais do Consello de Europa, Gudrum-Mösler Tornstorm; e o Conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia, Valeriano Martínez.

O papel dos parlamentos rexionais

“Os Parlamentos rexionais: actores clave para a promoción da democracia rexional e as súas interaccións coas institucións da Unión Europea” será o título da seguinte sesión, moderada polo secretario xeral do Congreso de Autoridades Locais e Rexionais do Consello de Europa, Andreas Kiefer. Esta sesión contará con relatorios da profesora titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais acreditada a catedrática da USC, María Isabel Lirola Delgado; e do catedrático de Dereito Internacional Público da UDC, titular da Cátedra Jean Monnet de Dereito Comunitario e Director do Instituto Universitario de Estudos Europeos “Salvador de Madariaga”, Juan Manuel Sobrino Heredia.

De seguido, o Parlamento de Galicia acollerá unha mesa redonda titulada “Galicia na Unión Europea, Europa no Parlamento de Galicia”, moderada pola xornalista Susana López, e na que os portavoces das catro forzas políticas representadas na Cámara galega compartirán as súas opinións cos asistentes.

A xornada será clausurada polo vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, Diego Calvo Pouso.

Este tipo de xornadas tratan de introducir novas fórmulas de participación dos cidadáns no debate parlamentario e buscan incrementar o contacto do Parlamento de Galicia co tecido social e educativo da Comunidade Autónoma.

PROGRAMA DA XORNADA:

10,00 h.- Introdución: “O Parlamentarismo no proceso de integración europea”

• Miguel Ángel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia.
• Katerina Fortún, responsable de Desenvolvemento Rexional e Urbano  da Representación da Comisión Europea en España.
• Dª Gudrun Mosler-Törnström, presidenta do Congreso de Autoridades Locais e Rexionais do Consello de Europa.
• Valeriano Martínez García, conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia.

11,00 h.- Mesa redonda: “Os Parlamentos Rexionais: actores clave para a promoción da democracia rexional e as súas interaccións coas institucións da UE”

Moderador: D. Andreas Kiefer, Secretario Xeral do Congreso de Autoridades Locais e Rexionais do Consello de Europa.

Interveñen:

• María Isabel Lirola Delgado, profesora Titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais acreditada á cátedra da Universidade de Santiago de Compostela.
• José Manuel Sobrino Heredia, catedrático de Dereito Internacional Público na Universidade da Coruña, titular da Cátedra Jean Monet de Dereito Comunitario e director do Instituto Universitario de Estudos Europeos “Salvador de Madariaga” .

12,45 h.-  Mesa redonda: “Galicia na Unión Europea, Europa no Parlamento de Galicia. O reforzamento democrático da UE, a dimensión parlamentaria rexional na construción europea”

Moderadora: Dª Susana López Carbia, xornalista

Interveñen:

• Ana Belén Pontón Mondelo, voceira grupo parlamentario BNG.
•  Xoquín Fernández Leiceaga, voceiro grupo parlamentario PSdeG-PSOE.
• Luís Villares Naveira, voceiro grupo parlamentario En Marea.
• Pedro Puy Fraga, voceiro grupo parlamentario PPdeG.

14,00 h.- Clausura

• Diego Calvo Pouso,  vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

 


Imaxes Relacionadas

Xornada "A incidencia da adhesión á Unión Europea"

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MARTES 21
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 21/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408