Plan de traballo da comisión especial non permanente de estudo sobre a seguridade viaria en Galicia

 
 
(Aprobado por unanimidade na sesión da comisión do día 2 de maio de 2017)

1ª FASE: DOCUMENTACIÓN E COMPARECENCIAS.
 
Encomendar a Administración do Parlamento de Galicia que, á maior brevidade posible, poñan a disposición dos membros da Comisión:
1. Toda a documentación reunida na IX lexislatura na Comisión non permanente de estudo sobre a seguridade viaria en Galicia.
 
2. Asemade, poranse a disposición dos membros da Comisión as transcricións literais das seguintes comparecencias substanciadas na Comisión da IX Lexislatura:
- Directora da Axencia Galega de Infraestruturas
- Directora Xeral de Mobilidade
- Director Xeral de Emerxencias e Interior
- Director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia -061
- Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
- Secretario Xeral Técnico da Consellería de Economía e Industria.
- Director Xeral de Xuventude e Voluntariado
- Xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia
- Director de Acción Territorial en representación da Deputación de A Coruña.
- Deputado de Xestión Territorial en representación da Deputación de Lugo.
- Xefe de Vías e Obras en representación da Deputación de Ourense.
- Representante da Deputación de Pontevedra.
- Concelleiro responsable en materia de Tráfico do Concello de Pontevedra
- Concelleiro responsable da Area de Seguridade, Mobilidade e Xestión Municipal, do  Concello de Vigo
- Concelleiro de Tráfico, Seguridade Cidadá e Mobilidade do Concello de Santiago de  Compostela.
- Concelleiro responsable de Seguridade e Mobilidade do Concello de Ferrol.
- Concelleira de Tráfico, Mobilidade e Utilización de Dominio Público do Concello de A Coruña
- Concelleiro responsable en materia de Tráfico do Concello de Lugo
- Representante da FEGAMP
- Intendente da Policía Local do Concello de Ourense
- Policía Local de Verín
- Representante da Federación Galega de Ciclismo
- Representante da Asociación “A Golpe de Pedal”.
- Secretario Executivo de ADEGA,
- Representantes do Sindicato Labrego Galego
- Representante do Sindicato Unións Agrarias.
- Representante do Sindicato Xóvenes Agricultores.
- Representante do Sindicato UXT Galicia.
- Secretario Xeral da Federación de Servizos a Cidadanía do Sindicato Nacional CC.OO. de  Galicia
- Representante da Confederación Intersindical Galega
- Representante da Federación Rural Galega
- Secretario Xeral de Novas Xeracións
- Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia
- Presidente da Asociación Xuvenil Galiza Nova
- Representante da Asociación Xuvenil designada polo Grupo Parlamentario da Alternativa  Galega de Esquerda, Dna. Antía Comesaña González.
- Presidente de CERMI Galicia
- Coordinador Técnico da Federación Galega de Dano Cerebral
- Representante da Rede de Atención a Drogodependentes
- Presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
- Presidente da Delegación Territorial da ONCE en Galicia
- Delegada de STOP ACCIDENTES en Galicia
- Representante da Asociación Española de Prevención de Accidentes de Tráfico (APAT- Galicia)
- Representante da Asociación Moteros Unidos pola Vida
- Presidente da Plataforma Motera para la Seguridad Vial
- Coordinador Autonómico da Cruz Vermella.
- Valedor do Pobo
- Fiscal Especialista en Seguridade Viaria en Galicia
- Xefe de Servizo de Clínica Médico Forense do IMELGA
- Representante do Consello de Colexios Médicos de Galicia.
- Representante do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
- Representante do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais en Portos de Galicia.
- Representante do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Galicia.
- Decana do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas en Galicia
- Decano do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia
- Presidente do Consello e do Colexio Oficial de Enfermería de A Coruña
- Presidenta do Consello da Avogacía Galega e Decana do Colexio de Avogados de Ferrol
- Avogado membro da Xunta de Goberno do ICA de Ferrol
- Avogado membro da Xunta de Goberno do ICA de Lugo
- Representante do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
- Representante da Asociación, Conservación e Explotación de Infraestruturas
- Director Xeral do Instituto de Seguridade Viaria da Fundación MAPFRE
- Director Xeral da Asociación Española de la Carretera
- Secretaria Xeral de SERNAUTO
- Representante da Real Federación Española e Motociclismo (Delegación Galicia)
- Representante da Confederación Española de Talleres de Reparación de Automóbiles e  Afins - CETRAA
- Secretario Xeral da Federación Galega de Transportes de Mercadorías FEGATRAMER
- Secretario da Comisión Permanente do Consello Galego de Transportes
- Presidente da Federación Galega de Talleres
- Presidente da Federación Empresarial de Transporte de Mercancías por Carretera de  Galicia
- Coordinador Xeral da Federación Galega de Transportes
- Presidente da Federación Galega de Autoescolas
- Profesor Titular de Xeografía Humana da Universidade de Santiago de Compostela
- Presidente da Asociación Galega de Centros de Recoñecementos de Condutores
- Delegado en Galicia da Asociación Española de Centros Médicos Psicotécnicos
- Delegado en Galicia do Consorcio de Compensación de Seguros
- Presidenta de UNESPA
- Representante da Asociación Nacional de Empresas de Auxilio en Carretera.
 
3. Procederase a remitir escrito a todos os anteriores comparecentes agradecéndolles a súa participación e invitándolles a enviar por escrito calquera actualización ou achega extra que poidan querer facer de cara o documento de conclusións.
No caso do Fiscal Especialista en Seguridade Viaria en Galicia, solicitarase unha nova comparecencia presencial para falar especificamente das medidas de control aos psicotécnicos.
 
4. Á dita información engadiranse as seguintes comparecencias que figuraban no Plan de Traballo da Comisión da IX lexislatura e que non chegaron a substanciarse:
- Director Xeral de Tráfico e Xefes Provinciais de Tráfico
- Xefe Rexional da Garda Civil de Tráfico
- Representantes da Asociación de Gardas Civís
- Representantes de Institucións Penitenciarias.
- Colexio Oficial de Sociólogos
- Representante de Asociación de usuarios de todo tipo de vehículos
- Representante de Asociación de condutores profesionais
- Representante de empresas concesionarias de Autoestradas e Autovías con presencia en  Galicia
- Representante da Fundación Española para a Seguridade Viaria
- Representante do Grupo de colaboración das Nacións Unidas para a Seguridade Viaria.
- Representante do Comisariado Europeo del Automóvil
- Representante do Real Automóvil Club de España.
- Representante dos mestres
- Representante das Compañías Aseguradoras de maior presencia en Galicia
De non poder comparecer, posibilitar a remisión de informes ou da documentación que corresponda (incluídos os plans en tramitación).
 
5.  Engadir como novos comparecentes aos seguintes:
- Representante de colectivos de maiores.
- Representante da Asociación de Amigos do Camiño Portugués
- Representante da Unión de asociacións de titulares de Tecores de Galicia
- Representante da Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia (FARGA) 
- Representante da rede de centros concertados con UNESPA (Unión Española de Entidades  Aseguradoras y Reaseguradoras) en Galicia para a prestación de asistencia sanitaria  derivada de accidentes de tráfico.
- Representante da Sociedad Española de Valoración del Daño Corporal.
- Representantes dos Colexios Oficiais de Mediadores de Seguros
- Representante de AGACOSA (Asociación Galega de Corredores e Corredurías de Seguros)
- Representante de INADE (Instituto Atlantico del Seguro)
- Representante APCAS (Asociación de Peritos de Seguros y Comisarios de Averías)
- Representante de FEGATAXI (Federación de Autónomos do Taxi de Galicia)
- Representantes de fabricantes de vehículos.
- Representante da Comisión Autonómica de Tráfico e Seguridade Viaria.
- Asociacións feministas pola seguridade das mulleres.
 
6. Ampliación de información e documentación pola Comisión
A Comisión poderá solicitar novas comparecencias, así como novos informes ou documentación e realizar visitas de traballo a algún centro destacado cando o considere necesario para levar a cabo o labor encomendado
 
7. Participación cidadá
É importante coñecer a todos aqueles axentes sociais que poidan achegar opinións, experiencias e coñecementos para un mellor desenvolvemento. A participación cidadá deberá garantirse, entre outros mecanismos, habilitando unha plataforma dentro da páxina web do Parlamento. A través dela, a cidadanía terá a posibilidade de trasladar suxestións, inquedanzas e reflexións ao respecto da materia desta Comisión.
 
8. Pechar o ciclo de comparecencias cunha nova comparecencia do Director da Axencia Galega de Infraestruturas.
 
2ª FASE. Traballo en Ponencia.
Tendo en conta a documentación, informes e comparecencias antes relacionadas, e unha vez constituída, iniciaranse os traballos de elaboración da proxecto de ditame en ponencia, que culminará coa redacción do borrador de documento de conclusións xerais agrupadas por áreas temáticas.
No transcurso dos traballos da ponencia, se fose necesario para elaborar o proxecto de ditame, a iniciativa dun Grupo Parlamentario, a Comisión decidirá se solicita novos informes, documentos ou aclaracións referidos ao obxecto da comisión.
 
3ª FASE. Debate e aprobación da proxecto de ditame pola Comisión para a súa elevación ao Pleno.
 
4ª FASE. Reunión semestral da Comisión para avaliar o grao de implantación das recomendacións incluídas no ditame aprobado.
 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MARTES 21
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 21/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408