O presidente do Parlamento de Galicia visitou a sede de Previsión Sanitaria Nacional


 
Santiago, 28 de abril de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, visitou hoxe a nova sede central do grupo empresarial Previsión Sanitaria Nacional (PSN),  en Madrid, onde foi recibido e acompañado polo presidente do grupo, Miguel Carrero, que lle amosou as instalacións.
 
O presidente de PSN informou ao titular da Cámara galega da implantación do grupo en España e Portugal, e tamén do arraigo en Galicia, onde contan con 10 oficinas de atención aos seus máis de 10.000 mutualistas. Carrero anunciou que no vindeiro mes de xuño inaugurarán dúas novas sedes en Ourense e Pontecedra, e que están a acondicionar duas máis, en Lugo e Vigo.
 
A visita de Santalices á sede de PSN responde a unha invitación do presidente da empresa e coincide cun desprazamento para pronunciar unha conferencia sobre “Parlamento, Medicina e Sociedade”, por proposta da Asociación de Médicos Galegos de Madrid.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MARTES 21
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 21/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408