O Parlamento de Galicia publica, nun libro electrónico, os relatorios da xornada sobre o reto da participación cidadá

 
• O documento está dispoñible na web da institución e recompila as reflexións dos expertos do mundo do dereito, a comunicación e os movementos sociais que participaron na xornada celebrada o pasado  1 de xullo
 
Santiago, 23 de decembro de 2016.- A Cámara galega vén de publicar na súa páxina web, en formato de libro electrónico, os relatorios da xornada “O Parlamento ante o reto da participación cidadá”, celebrada o pasado 1 de xullo coa participación de expertos  do mundo do dereito, a comunicación e os movementos sociais para afondar nas novas posibilidades derivadas da entrada en vigor da Lei  7/2015, do 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá, que converteu ao Lexislativo galego nun dos máis avanzados neste ámbito.
 
A xornada foi coordinada polo profesor José Julio Fernández Rodríguez, da Universidade de Santiago de Compostela, que é tamén o responsable da publicación electrónica que recompila os relatorios (https://goo.gl/OWMuTq).
 
Santalices pide que deputadas e deputados escoiten á xente
 
A inauguración correu a cargo do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, quen destacou a novidade que supoñen as diferentes ferramentas de participación aprobadas polo Parlamento de Galicia e mesmo a reducción do número de sinaturas necesarias para impulsar unha proposición de lei de inciativa propular, que pasaron das 15.000 requiridas anteriormente ás 10.000 da actualidade. Tamen subliñou a importancia de que deputadas e deputados escoiten á xente para trasladar esas inquedanzas ao seu traballo na Cámara.

Relatorios

O libro electrónico recompila os relatorios dos diferentes participantes na xornada: o profesor Roberto Blanco Valdés, da Universidade de Santiago de Compostela, que disertou sobre “Sistema representativo e a crise de democracia dos partidos”; e Miguel Pérez Moneo, da Universidade de Barcelona, que falou sobre “O Parlamento 3.0”. Os dous foron presentados pola xornalista Eva Millán.
 
A publicación inclúe tamén a transcrición dunha mesa redonda titulada “A visión da Cidadanía”, moderada por José Julio Fernández Rodríguez, e que contou coa participación de Miriam Garabito Cociñas, presidenta de UNICEF Galicia; Susana López Carbia, xornalista; Noela Rey Méndez, experta en comunicación e redes sociais; e Luis Barreiro Carballal, activista social e doutor en dereito.
 
O último dos relatorios correu a cargo do letrado oficial maior do Parlamento de Galicia, Xosé Antón Sarmiento Méndez, quen analizou os novos instrumentos de participación cidadá no Parlamento de Galicia. A entón vicepresidenta primeira da Cámara, Marta Rodríguez Arias, foi a encargada de clausurar a xornada.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

MÉRCORES 22
novembro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930
<< outubro| decembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 22/11/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408