O Parlamento de Galicia organiza unha xornada sobre os retos derivados da participación cidadá

 
• Celebrarase o vindeiro 1 de xullo na sede do lexislativo galego e contará coa participación de expertos do mundo do dereito, a comunicación e os movementos sociais
 
Santiago, 27 de xuño de 2016.- “O Parlamento ante o reto da participación cidadá” é o título dunha xornada que se celebrará o vindeiro venres, 1 de xullo, na sede do Lexislativo galego co obxectivo de analizar as novas posibilidades derivadas da entrada en vigor da Lei  7/2015, do 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá, que converteu a Galicia nunha das Comunidades máis avanzadas nesta materia.
 
A xornada será inaugurada polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, que estará acompañado polo coordinador da actividade, o profesor José Julio Fernández Rodríguez, da Universidade de Santiago de Compostela.
 
De seguido, Roberto L. Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, pronunciará un relatorio titulado “Sistema representativo e a crise da democracia de partidos”. A xornada continuará coa intervención do profesor  Miguel Pérez-Moneo, da Universidade de Barcelona, que disertará sobre “O Parlamento 3.0”.
 
Logo destes relatorios celebrarase unha mesa redonda na que se analizará “A visión da cidadanía”, moderada por José Julio Fernández Rodríguez e na que intervirán Miriam Garabito Cociñas, presidenta de UNICEF Galicia; Susana López Carbia, xornalista; Noela Rey Méndez, experta en comunicación e redes sociais; e Luis Barreiro Carballal, activista social e doutor en Dereito.
 
A xornada rematará coa “Presentación dos novos instrumentos de participación no Parlamento de Galicia” por parte do letrado oficial  maior da Cámara galega, Xosé Antón Sarmiento Méndez.
 
Inscricións
 
Poderán asistir a esta xornada todas as persoas que o desexen, xa que será de entrada libre ata completar a capacidade da sala. As persoas interesadas poden inscribirse a través da web do Parlamento de Galicia (http://www.parlamento.gal/sitios/web/ContenidoGal/XornadaParticipacionCidada/default.aspx), na que tamén se pode acceder ao programa da xornada. Rematada a actividade, os asistentes recibirán un diploma acreditativo.
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408