Pilar Rojo agradece a dedicación e profesionalidade do interventor xeral do Parlamento, que se xubila logo de 46 anos de servizo público

Santiago, 19 de marzo de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, agradeceu a dedicación e profesionalidade do ata o de agora director de Intervención Xeral e Asuntos Económicos da Cámara, José María Ameijenda Cuns, que se xubila logo de 46 anos de servizo público.
 
Pilar Rojo despachou esta mañá co interventor por última vez antes de que o funcionario acceda á xubilación. A presidenta do Parlamento desexoulle a Ameijenda unha "merecida xubilación".
 
Ameijenda Cuns naceu en Malpica en 1945 e é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1969 ingresou por oposición no Corpo Nacional de Interventores da Administración Local. Dos seus 46 anos de vida profesional na función pública, 20 transcorreron na Administración municipal (exerceu nos concellos de Carballo, Betanzos, A Coruña, Fene e Ferrol), 6 na Administración autonómica e 20 no Parlamento de Galicia.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408