O Consello de Contas entrega ao Parlamento os informes de fiscalización que completan o Plan de Traballo de 2013

 
• Tamén entregou formalmente o Plan de Traballo do Consello de Contas para 2015
 
Santiago, 20 de febreiro de 2015.- O Conselleiro maior do Consello de Contas, Jesús Palmou, entregou formalmente este mediodía á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, o Plan de Traballo deste ente fiscalizador para o exercicio de 2015, así como os informes que completan o Plan de Traballo de 2013.
 
Trátase dos seguintes documentos:
 
- Informes de fiscalización das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, Santiago, Coruña, Ferrol, Tui, Vilagarcía, Ourense, Pontevedra e Vigo dos exercicios 2010 e 2011.
 
- Informe resumo de fiscalización das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación correspondente aos exercicios 2010 e 2011.
 
- Informe de fiscalización, Concello de Cangas, exercicio 2011.
 
- Informe de fiscalización da actividade concertada de diálese, exercicio 2012.
 
Estes informes completan todos os contemplados no Plan de Traballo do Consello de Contas de 2013. Os restantes xa foron entregados con anterioridade ao Parlamento de Galicia.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408