María Ángeles Antón Vilasánchez
Mugardos  1965

Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía, rama de Políticas, especialidade de Ciencias da Administración. Universidade Complutense de Madrid. Licenza especial en Estudos Europeos, rama de Políticas. Universidade Libre de Bruxelas. Magister Artis en Administración Pública. Instituto Universitario Ortega y Gasset. Madrid

Funcionaria do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia desde 1993. Ocupou diferentes cargos na Xunta de Galicia: xefa do Servizo de Formación, Cooperación Institucional e Documentación; subdirectora xeral da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago; directora xeral de Turismo; subdirectora de Ordenación, Inspección e Planificación Turística. Foi xerente do Consorcio da Cidade de Santiago desde 2012 ata 2014.

Foi concelleira de Cultura e Patrimonio do Concello de Santiago desde xullo de 2014 ata xuño de 2015. Concelleira desde esa data ata a actualidade. En novembro do 2016 accede ao Parlamento de Galicia. Voceira do GPP nas áreas do Xacobeo e Patrimonio Cultural.


Contacto:
Partido Popular
Foto de María ÁngelesAntón Vilasánchez
Circunscrición de A Coruña

Asistencias ós órganos parlamentarios

Pleno do Parlamento

  • Deputada na reunión do martes, 01 de agosto de 2017, ás 10:00

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408