Información institucional.

Saúdo do Presidente

Presidente do Parlamento de Galicia

Un Parlamento á procura dunha Galicia mellor

Para cantos formamos parte deste Parlamento, é unha honra traballar na procura dunha Galicia mellor para todos e todas. Boa parte dese traballo pode consultarse a través desta web, incluídas as emisións en directo das sesións do Pleno e das diferentes comisións do Parlamento de Galicia.

Máis aló das lóxicas diferenzas que afloran na institución parlamentaria, estou seguro de que uns e outros tratamos de estar á altura do que agarda de nós o conxunto de Galicia; pero tamén do que, sen dúbida, nos demandarían tantos e tantos galeguistas que nos precederon e que traballaron sen acougo para que Galicia contase coas súas propias institucións de autogoberno, como as actuais, xurdidas da Constitución e o Estatuto vixentes.

Son moitos os retos que temos por diante, pero tamén as oportunidades para superalos con éxito se todos e todas nos aplicamos na súa resolución con lealdade a Galicia.

Como presidente da Cámara, convido ao conxunto dos galegos e galegas a se achegaren ao Parlamento de Galicia, ben a través desta web, que permite coñecer o que aquí se fai, ben a través dunha visita guiada á nosa sede, que poden xestionar neste mesmo portal.

Benvidas e benvidos á web do Parlamento de Galicia.

Miguel Ángel Santalices Vieira Presidente do Parlamento de Galicia


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408