Raquel Arias Rodríguez
Sober  1966

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Foi colaboradora en diversas revistas de ámbito nacional no mundo dos seguros. Redactora de informativos en diversos medios de comunicación en Galicia e responsable do gabinete de prensa do Concello de Monforte de Lemos desde 1996 ata 1999.

En 2009 foi nomeada delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, cargo no que renovou ata o 2016. Entre 1999 e 2009 foi alcaldesa de Sober, cargo que compaxinou co de deputada provincial entre os anos 1999 e 2003 e entre 2007 e 2008 e co de deputada por Lugo no Congreso dos Deputados entre 2008 e 2009. Forma parte do Comité Executivo do PP de Galicia como coordinadora de Medio Rural.

Na X Lexislatura é secretaria da Mesa do Parlamento e voceira do GPP nas áreas de Emigración, de Dinamización Demográfica e na Comisión da CRTVG


Contacto:
Partido Popular
Foto de RaquelArias Rodríguez
Circunscrición de Lugo

Asistencias ós órganos parlamentarios

Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

  • Asistencia na reunión do venres, 22 de setembro de 2017, ás 10:35

Mesa do Parlamento

  • Secretaria na reunión do martes, 29 de agosto de 2017, ás 10:30
  • Secretaria na reunión do martes, 05 de setembro de 2017, ás 10:30

Pleno do Parlamento

  • Secretaria na reunión do martes, 12 de setembro de 2017, ás 10:00
  • Secretaria na reunión do mércores, 13 de setembro de 2017, ás 10:00

Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

  • Vogal na reunión do venres, 15 de setembro de 2017, ás 10:35

Deputación Permanente

  • Vogal na reunión do martes, 29 de agosto de 2017, ás 12:05

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408