Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o día 11 de febreiro de 2015


 
4.2 30412 (09/PNP-002201)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel, e sete deputados/as máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego diante do Goberno central e da Unión Europea en relación con terceiros países que non cumpran os requisitos establecidos no Regulamento europeo sobre pesca ilegal non declarada e non regulamentada, ou pesca INDNR
 Publicación da iniciativa, BOPG nº 380, do 26.11.2014
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central e á Unión Europea para que:
 
- Adopten todas as medidas que estimen necesarias, incluído acordar ou manter a suspensión das importacións dos produtos pesqueiros ou o bloqueo da negociación de novos acordos comerciais, en tanto en canto estes terceiros países non cumpran os requisitos sobre pesca ilegal, non declarada e non regulamentada (pesca INDNR).
 
- Condicionen a sinatura de acordos comerciais con terceiros países ao cumprimento das normas en materia hixiénico-sanitaria, socio-laboral e ambiental e, en xeral, en todo canto é exixible aos produtores e ás empresas europeas que capturan, transforman e comercializan produtos do mar nos países da UE.
 
- Defendan os dereitos laborais, equiparables aos imperantes na UE, en todos os tramos da cadea produtora (extracción, transformación e comercialización).
 
- Suspendan as importacións de produtos pesqueiros de terceiros países que non cumpran os requisitos sobre pesca ilegal da UE ou as condicións sanitarias que para estes produtos impón a Unión Europea, e non concerten novos acordos comerciais con eses terceiros países en materia de importación de produtos pesqueiros.»

 
4.8 32076 (09/PNP-002333)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Baamonde Díaz, Agustín, e sete deputados/as máis
 Sobre a realización polo Goberno galego das actuacións precisas para implantar de xeito progresivo un ensino plurilingüe nos centros educativos de bacharelato, formación profesional e outras ensinanzas postobrigatorias.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG nº 404, do 22.01.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que, aproveitando o proceso de desenvolvemento normativo da LOMCE, afronte aquelas accións precisas para implantar de xeito progresivo un ensino plurilingüe nos centros educativos de Galicia que imparten bacharelato, FP e outras ensinanzas postobrigatorias.»

 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes Relacionadas

Outras novas


Emisións en directo

Non temos emisións en directo neste momento.

Axenda

Na axenda atopará as ordes do día e a documentación das sesións desta Cámara, tamén poderá consultar o arquivo multimedia das sesións xa celebradas.

Calendario

LUNS 23
outubro de 2017
lunsmarmérxovvensábdom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
<< setembro| novembro >>

Información das Sesións

Lista de sesións do día 23/10/2017


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408