saltar ao contido

Noticia

Logotipo do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

A DOBRE MORAL DO PSOE PERMITE QUE CALDERA PIDA O VOTO EN BOS AIRES E BLANCO DIGA QUE OS EMIGRANTES NON DEBERÍAN VOTAR NAS MUNICIPAIS E AUTONÓMICAS

25/04/2007

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2007.- O voceiro de Emigración do Grupo Popular, Castelao Bragaña, pediu, hoxe, ao Partido Socialista que se ten un mínimo de dignidade política remate dunha vez coa campaña de permanente descualificación dos galegos do exterior e deixe de tratar o seu voto democrático como pura mercadoría.
Castelao Bragaña dixo que “o PSOE ten unha dobre moral porque mentres o ministro Caldera está de campaña en Bos Aires, Blanco di que os emigrantes non deberían votar nas municipais e as autonómicas”.
O voceiro de emigración considera que os socialistas intentan despistar á xente para que non se fale do intento do PSOE de compralo voto ou de que non se sepa que están a empreñar fondos públicos para pedir o voto dos emigrantes
DEMAGOXÍA E MANIPULACIÓN
Diante destes feitos, o voceiro de Emigración popular acusou ao Partido Socialista de estar a facer demagoxia e de intentar manipular e confundir aos residentes ausentes. ‘O Partido Socialista –dixo- si que non perde o tempo,  mentres por unha parte cuestionan os dereitos dos emigrantes, por outra, empregan todo o aparato do Estado para captar votos, recorrendo a todo tipo de estratexias e promesas electoralistas’. 
GALEGOS DE PRIMEIRA, DE SEGUNDA E DE TERCEIRA
Castelao Bragaña apelou á responsabilidade de Touriño para aclarar de xeito urxente esta situación e velar por que se garantan os dereitos de todos os galegos, ‘xa que ningún español -aseverou- pode ver restrinxidos os seus dereitos, esté onde esté’. 
‘De non ser así, -matizou- a Xunta, en lugar de gobernar para todos, estaría a clasificar aos galegos en diferentes tipos: ‘galegos máis galegos’, que son os que lles votaron; ‘galegos menos galegos’, que son a maioría que non lles votou; e por último ‘galegos que non son galegos’, os residentes ausentes, aos que se lles recortan os seus dereitos’.
saltar ao pe de páxina