saltar ao contido

Noticia

Logotipo do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

O PARLAMENTO GALEGO APROBA, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, SOLICITAR QUE O GOBERNO CENTRAL EMITA UN INFORME ÚNICO NA TRAMITACIÓN DO PLANEAMENTO URBANÍSTICO MUNICIPAL

O portavoz de Ordenación do Te 10/09/2014

Santiago, 10 de setembro de 2014.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular e co voto favorable do PSOE, unha proposición non de lei a través da que se solicita que a Administración Xeral do Estado emita un informe único no ámbito das súas competencias para a súa incorporación por parte dos concellos no devir da tramitación dos instrumentos de planeamento urbanístico. O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Popular, Román Rodríguez, manifestou que esta proposta derivaría nunha “reforma de calado que sería moi ben recibida polo mundo local”. En concreto, apuntou que implicaría unha redución dos tempos de tramitación administrativa; maior seguridade xurídica e menor burocratización; aumento da eficiencia dos recursos humanos e técnicos da administración; unha redución do gasto público; reforzar a coordinación administrativa; e posibilitaría unha ordenación e xestión territorial máis eficiente e sostible. ENORME SOBREESFORZO Román Rodríguez explicou que “a multiplicación dos informes sectoriais, tanto autonómicos como estatais, acarrea un enorme sobreesforzo para os concellos á hora de planificar o seu urbanismo, que se mide tanto en custes económicos derivados do feito imperativo de ter que remitir os documentos de planeamento a moi diversos entes sectoriais, un elevado consumo temporal da tramitación administrativa e inseguridade xurídica polo feito de someter o planeamento a diversos informes sectoriais”. “En definitiva, todos estes trámites implican un notable esforzo que dificulta que o planificador local estea máis preocupado en dar cumprimento aos múltiples informes que se lle reclaman, nalgúns casos máis de medio cento, que en deseñar un modelo de ocupación do territorio sostible”, indicou. IMPULSANDO EN GALICIA O portavoz popular subliñou que no caso de Galicia, dentro do proceso de elaboración da nova Lei do Solo, a Xunta está a impulsar o denominado Informe Único, “de xeito que a Administración galega como institución emita un único documento no que se fixen as determinacións das distintas políticas sectoriais da súa competencia, para que o municipio as incorpore na redacción dos seus respectivos planeamentos”. “Obviamente, o alcance desta medida do Goberno galego será menos eficaz se a Administración Xeral do Estado non adopta unha iniciativa de natureza semellante, polo que se solicita a elaboración dun informe único respecto daquelas políticas sectoriais que teñan incidencia directa que sexan de competencia do Estado”, manifestou.
saltar ao pe de páxina