saltar ao contido

Noticia

Logotipo do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

O GRUPO POPULAR ASEGURA QUE O CANON QUE SE PAGA A SOGAMA EN GALICIA É UN 60% MÁIS BARATO QUE NOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

O deputado Francisco Santos ac 09/09/2014

Santiago, 9 de setembro de 2014.- O deputado do Grupo Popular Francisco Santos asegurou hoxe que o canon que se paga a SOGAMA en Galicia é un 60 por cento máis barato que o que se abona noutras comunidades autónomas españolas polo mesmo sistema de tratamento de lixo. Así mesmo, criticou que a oposición “reprocha que SOGAMA fixese un Plan de Viabilidade” e acusouna de pretender que se incumpra a lei, xa que “a lei esixe á sociedade que no momento que entre en perdas dispón de tres meses para presentar dito plan”. Francisco Santos afirmou que “o sistema implantado por SOGAMA é o máis barato dos tres principais implantados en Galicia”. Anotou que este tipo de central de tratamento de residuos “non é único en España” e comparou os 131,36 euros por tonelada que se paga ás plantas existentes noutras comunidades autónomas fronte ao 82,1 euros por tonelada en Galicia. TRES MESES PARA PRESENTAR O PLAN “Esta oposición reprocha que se fixese un Plan de viabilidade da Sociedade despois de coñecer a supresión das primas”, criticou o deputado popular. Deste xeito, lamentou a oposición incite “a que se incumpra a lei, porque é ben sabido que a lei esixe á sociedade que no momento en que se entre en perdas, ou se teña coñecemento de circunstancias que a van a levar a unha situación de perdas, presentar dito plan no prazo de 3 meses”. Respecto á suba do canon de SOGAMA, Santos considerou “incomprensible que se pida a súa anulación baseándose no resultado de un ano, cando o plan de viabilidade está elaborado para un prazo de 10 anos”. “É certo que as perdas son moito menores que as previstas debido a que precisamente no plan de viabilidade había medidas alternativas de mellora da xestión como o incremento da recuperación do vidro, a recuperación de metais ou, o que é máis importante a nivel económico, o alongamento da parada técnica anual, que se fixo a finais do 2012 e a seguinte pasouse o 2014”, explicou o deputado popular. BOA NOTICIA Francisco Santos concretou que no exercicio do 2013 non se fixo a parada técnica, “o que se traduce en case 2 millóns mais de ingresos por venta de enerxía, unha circunstancia que non se vai a poder repetir cada ano”. Neste sentido, apuntou que esta parada “non ten nada que ver con outras paradas intermedias, que si se fixeron, para verificación dos filtros”. “En todo caso, do que aquí estamos a falar é de unha boa noticia: unha sociedade pública que tiña previsto unhas perdas de 4 millóns de euros e debido a unha boa xestión estas perdas foron soamente de pouco mais de 600.000 euros”, concretou. Para rematar, o deputado popular trasladou unha mensaxe de tranquilidade “aos alcaldes insubmisos que piden que se anule o novo canon”, porque asegurou que “os cartos desta empresa van a quedar nesta empresa, non se van a repartir dividendos como se fixo nos anos 2006 e 2007”. “Sen dúbida, toda a polémica creada en torno ao canon está creada por motivos políticos e carece de fundamentos sólidos”, dixo.
saltar ao pe de páxina