saltar ao contido

Noticia

Logotipo do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

O BIPARTITO ELUDE AS SÚAS OBRIGAS E TRANSFIRE A RESPONSABILIDADE DAS EMERXENCIAS A CONCELLOS E DEPUTACIÓNS SEN OUTORGARLLES RESPALDO ECONÓMICO

LEI DE EMERXENCIAS 24/04/2007


Santiago 24 de abril de 2007.- A Lei de Emerxencias promovida polo bipartito transfire boa parte das responsabilidades que lle corresponden á Xunta en materia de protección civil a concellos e deputacións, pero sen facilitarlles os medios económicos necesarios para facer fronte a esas obrigas.
O voceiro da área de Presidencia do Grupo Parlamentario Popular, Manuel Ruíz Rivas, denunciou hoxe no Parlamento que a inconsistencia do texto normativo enviado polo Goberno ao Parlamento evidencia que o bipartito carece de un modelo propio para xestionar as diferentes situacións de emerxencia que podan presentarse en Galicia, como se puxo de manifesto durante o pasado verán, coa sucesión de incendios e os reiterados colapsos da central de Exerxencias 112, seguida da incapacidade dos diferentes dispositivos para facer fronte ás enchentes do outono.
PASOE E BNG DEIXAN EN EVIDENCIA AO GOBERNO
O deputado popular argumentou que o proxecto de lei de emerxencias de Galicia foi elaborado coincidindo co cese do anterior director xeral de Protección Civil, nun intento por recuperar a credibilidade do Executivo neste ámbito.
Sen embargo, en opinión de Ruiz Rivas, a credibilidade do Goberno volveu ser posta en evidencia polos dous partidos que sustentan ao bipartito, ao formular arredor de 60 emendas ao proxecto de lei durante o trámite parlamentario do texto legal. Pero, ao seu xuízo, nin sequera esas modificacións foron suficientes para acadar un texto aceptable.
Maila ese elevado número de emendas, o texto legal continúa atentando contra o pacto local,  ao responsabilizar a concellos e deputacións, practicamente en exclusiva, e sen concederlles o financiamento preciso, da execución das competencias en materia de protección civil e consorcios comarcais de bombeiros que ata o de agora correspondían ao Executivo autonómico. Unha vez que entre en vigor a nova norma, o papel da Xunta quedará circunscrito á “superior dirección e coordinación” e á xestión das emerxencias cando se vexan superados os medios de resposta das entidades locais, o límite dos cales no queda determinado.
Paralelamente, a Lei prevé a creación de dous novos “chiringuitos privatizadores”, en palabras de Ruiz Rivas, aos que atribuirá responsabilidades que ata o de agora eran exercidas en exclusiva pola Dirección Xeral de Protección Civil, no ámbito da Consellería da Presidencia: a Axencia Galega de Emerxencias e maila Entidade pública para situacións de emerxencia.
LEI “PREXIDICIAL” PARA GALICIA
Neste escenario, a Lei sometida hoxe a Debate no Parlamento suscitou o rexeitamento unánime dos diferentes axentes que operan no ámbito das emerxencias en Galicia. De feitos os sindicatos  UGT, CIG e CC.OO e a Plataforma de Bombeiros de Galicia xa teñen anunciado mobilizacións para protestas contra a Lei de Emerxencias, á que consideran “prexudicial” para Galicia.
saltar ao pe de páxina