saltar ao contido

Noticia

Logotipo do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Feijóo constata que Lugo e a segunda provincia na que o PPdeG obtivo mellores resultados

RESULTADOS ELECTORALES LUGO 09/03/2009

• Valora o apoio do 48,56% acadado polos populares en Lugo, que permite remontar a tendencia descendente rexistrada nos anteriores comicios  municipais e xerais
• A candidatura encabezada por Raquel Arias obtivo 37.446 votos, 17,1 puntos e 3 escanos máis que o PSOE e 73.190 votos, 33,5 puntos e 6 escanos sobre o BNG

Lugo, 5 de marzo de 2009.- Cunha porcentaxe de voto ao PPdeG do 48,56% nas autonómicas do pasado domingo, a provincia de Lugo foi, despois de Ourense, a segunda con maior porcentaxe de votos a esta formación, segundo destacou esta tarde o presidente do PPdeG e presidente electo da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, nunha reunión da Xunta Directiva Provincial desta formación na que se analizaron os resultados electorais do 1-M.
A xuízo de Feijóo, dos resultados de Lugo destaca o feito de que o PPdeG foi capaz de manter practicamente os resultados acadados nas autonómicas de 2005, o que lle permitiu consolidar os oito escaños populares nesa provincia.
Os resultados do pasado domingo certifican que o PPdeG foi capaz de remontar a tendencia descendente experimentada nas dúas convocatorias anteriores. Así entre 2000 e 2008, nas Eleccións Xerais, o PPdeG baixara máis de 12 puntos (8,5 puntos de baixada en 2004 e outros 3,85 en 2008).  Mentres, nas Municipais, de 1999 a 2007, o PPdeG baixaara case 12 puntos (5,85 puntos en 2003 e 5,97 en 2007).
O PPdeG REMONTA AS CAÍDAS
Neste contexto, e respecto ás autonómicas de 2005, o PPdeG en Lugo descendeu só 0,5 puntos. En comparación coas Eleccións Xerais de 2008, o PPdeG subió 3 puntos. Sobre as Municipais de 2007, os populares de Lugo medraron 6 puntos no conxunto da provincia.
Da análise efectuada na reunión desta tarde da Xunta Directiva Provincial do PPdeG de Lugo tamén se deduce que a candidatura encabezada por Raquel Arias obtivo 37.446 votos, 17,1 puntos e 3 escanos máis que o PSOE e 73.190 votos, 33,5 puntos e 6 escanos sobre o BNG.
As porcentaxes de voto son todas superiores ao 40%, salvo en 7 dos 67 concellos da provincia: Pobra de Brollón, Pontenova, Láncara, Cervantes, Fonsagrada, Pedrafita e Negueira de Muñíz, onde o PPdeG tratará de recuperar apoio electoral a curto e medio prazo.
A xuízo dos populares galegos, resulta especialmente meritorio o apoio recibido pola súa candidatira en concellos como:
• Lugo:   subida de 2,51 puntos e un 44,13% de     voto,  superando en 10,5 puntos ao PSOE
• Vilalba:   59,81% de voto.
• Viveiro:  subida de 2,5 puntos.
• Cospeito:   61,01% dos votos.
• Burela:   subida de 2,94 puntos.
• Sober:   66,92% dos votos.
• Quiroga:   65,23% dos votos.
• Abadín:   62,77% dos votos.
• As Nogais:   subida de 12,55 puntos.
• Xove:   subida de 7,92 puntos.
• Castroverde:  subida de 6,78 puntos.
• Barreiros:   subida de 6,08 puntos.
saltar ao pe de páxina