saltar ao contido

Noticia

Logotipo do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

A INEXISTENCIA DUNHA INVESTIGACIÓN INTERNA SOBRE AS IRREGULARIDADES DE SOGAMA CONVERTE A ECONOMÍA EN ENCUBRIDORA DAS IRREGULARIDADES

SOGAMA ECONOMIA 04/02/2009


Santiago, 4 de febreiro de 2009.- As declaracións efectuadas pola Consellería de Economía a un medio de comunicación nas que confirma que non está a realizar investigación interna algunha a raíz das irregularidades descubertas en Sogama e denunciadas ante ese departamento por traballadores da empresa pública hai xa preto de 3 meses, converte ao departamento que dirixe Ferñández Antonio en encubridor das graves anomalías, que afectan tanto ao medio ambiente e á saúde pública, como ao patrimonio da Comunidade Autónoma.
Para o portavoz Parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, a indiferenza amosada ata o de agora pola Xunta en relación coas irregularidades de Sogama é impropia dunha Administración pública, salvo que esa indolencia sexa froito dunha estratexia premeditada encamiñada a gañar tempo para evitar efectos electorais colateriais negativos para os seus máximos responsables.
Nun momento no que a Xustiza está investigar as diferentes irregularidades cometidas polo presidente de Sogama co beneplácito do conselleiro de Medio Ambiente, a Xunta non pode ollar para outro lado como se nada pasase, agrega Ruiz Rivas.
Entre esas anomalías figura a comisión dun presunto delito ambiental por un vertido continuado a un afluente do Lengüelle, pero tamén evidencias de trato de favor na adxudicacion, a dedo, por parte do presidente de Sogama dun contrato por valor de 19 millóns de euros, entre outras.
saltar ao pe de páxina