saltar ao contido

Noticia

Logotipo do Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Feijóo “é necesario un pacto polo finanzamento para que Galicia poda facer fronte á crise económica con máis recursos”

OFERTA PACTO 10/09/2008

• Se seguimos a tendenza ata maio da recadación da Xunta o burato en decembro será de 270 millóns de euros
• Touriño negouse a dar os datos de emprego e de ingresos da Xunta
• Afirma que Galicia non ten un plus de resistencia senon un “plus de paciencia”
• Considera un erro que Touriño culpe da situación a todos menos aos que gobernan
Compostela, 10 de setembro 2008.- O presidente do PPdeG, Alberto Núez Feijóo, volveu, hoxe, no Pleno do Parlamento, a ofrecer un pacto polo finanzamento para ter unha postura de pais “volvo, por cuarta vez, a tenderlle a man para que fagamos un pacto polo finanzamento da Comunidades Autónoma para que podamos facer fronte á crise económica con máis recursos”.
Feijóo considera que ante a crise económica, os populares galegos prestan o apoio ao goberno na negociación do novo sistema de finanzamento autonómico  para que Galicia:
- Non perda nin unha décima da nosa posición relativa no financiamento do Estado e mellorar esta porcentaje incrementando a ponderación da dispersión e o avellentamento no reparto dos fondos (desde o anterior modelo de finanzamento, a poboación galega maior de 65 anos pasou de representar o 19,9% ao 21,7%)
- Que o novo modelo en ningún caso supoña un incremento de impostos
- E que garanta os fondos suficientes para cubrir as prestacións da Lei de dependencia.
TOURIÑO NON RESPOSTA
Feijóo dixo que onte falamos de emprego e constatouse que 14.000 galego se rexistraron como novos parados no INEM e a EPA, do segundo semestre, acredita o incremento interanual de paro do 11%.
Touriño, ante a pregunta de Feijóo, de se a Xunta seguía mantendo que ían crear no presente ano 32.000 empregos e sobre os ingresos da Xunta, non contestou.
Ante a falla de resposta, o lider dos populares galegos afirmou que “se seguimos a tendenza ata maio da recadación da Xunta o burato en decembro será de 270 millóns de euros”
DE PLUS DE RESISTENCIA A PLUS DA PACIENCIA
Feijóo comezou a súa intervención destacando que o dous grandes retos deste fin de legislatura son a crise económica e o finanzamento de Galicia para os próximos 10 anos e lamentou que o presidente da Xunta “culpe a todos da crise menos ao goberno”.
A pesares de que Touriño siga a falar do “plus de resistencia” a realidade, segundo os populares es que o que existe en Galicia é o “plus da paciencia”, ante unha crise económica en Galicia que dende o día de onte xa non nega o presidente da Xunta.
saltar ao pe de páxina