saltar ao contido

Convocatoria da Sesión plenaria de apertura da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia prevista para o 16 de abril de 2024

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 16 de abril de 2024, ás 12:30 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 4 de abril de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:

 

Punto único. - Declaración institucional de apertura da XII lexislatura.

​​​ 

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria a devandita reunión.

 

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024

 

 

 

Miguel Ángel Santalices Vieira

Presidente 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina