saltar ao contido

Santalices considera que o xornalismo e a divulgación científica constitúen “ferramentas imprescindibles” para concienciar sobre o cambio climático

  • O presidente do Parlamento inaugurou en Santiago unha xornada sobre “O cambio climático e todas as súas consecuencias", organizado polo foro Periodismo 2030

 

 

Santiago, 20 de marzo de 2024.- “O xornalismo e a divulgación científica álzanse como ferramentas imprescindibles para a concienciación social de cara a corrixir determinados hábitos firmemente enraizados entre nós" e relacionados co cambio climático. Foi unha das reflexións do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, na inauguración do foro sobre “O cambio climático e todas as súas consecuencias", que se celebra esta mañá en Santiago organizado polo foro Periodismo 2023.

 

Para Santalices, o cambio climático é “un dos grandes desafíos aos que se enfronta o planeta no seu conxunto", malia as teorías conspirativas, as noticias falsas ou os intentos de manipulación que tamén afectan a este fenómeno.

 

Con todo, o titular do Lexislativo galego recordou a “crecente conciencia ambiental" da mocidade,  como se evidencia nos frecuentes plenos infanto-xuvenís que acolle a Cámara galega.

 

A xuízo do presidente do Parlamento de Galicia, “a alternativa ao modelo actual -unha alternativa que todos desexamos duradeira e con garantías para frear e reverter o cambio climático- só pode chegar da man da ciencia, con propostas tecnolóxicas viables en ámbitos como o das enerxías limpas".

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación. ​​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina