• Os finalistas están escolarizados en centros da Coruña, Sarria e Baiona
• O xurado propuxo unha mención para dous alumnos de educación especial
• Os premios entregaranse o vindeiro 20 de xuño no Parlamento
• A presidenta do Parlamento agradece o esforzo desenvolvido polos membros do Xurado, que para seleccionar aos gañadores tiveron que revisar 888 traballos pertencentes a 52 centros educativos
Santiago, 10 de xuño de 2011.- O xurado encargado de seleccionar aos gañadores do Concurso Escolar 2010-2011 convocado polo Parlamento de Galicia seleccionou, por unanimidade, aos gañadores e finalistas de cada unha das tres modalidades, –debuxo, redacción e expresión libre- , ademais de propoñer unha mención especial para dous alumnos de educación especial.
Os gañadores están escolarizados en centros educativos de Vigo, Lugo e Mondoñedo, mentres que os finalistas cursan estudos na Coruña, Sarria e Baiona. Os alumnos de educación especial que recibiron unha mención especial pertencen a centros de Vigo e Pontevedra.
A entrega dos premios terá lugar o vindeiro día 20 de xuño, luns, no Parlamento de Galicia, nun acto ao que ademais dos gañadores e finalistas, se convidará á clase de cada un dos galardoados, aos profesores que supervisaron os traballos seleccionados e aos directores dos centros.
Agradecemento ao xurado
O Xurado encargado se seleccionar os traballos estivo presidido polo vicepresidente primeiro do Parlamento, José Manuel Baltar Blanco; pola presidenta da Comisión 4ª, Educación e Cultura, Marisol Piñeiro; polos portavoces de Educación dos tres grupos parlamentarios, Román Rodríguez (PPdeG), Guillermo Meijón (PSdeG-PSOE) e Carme Adán (BNG), así como polo docente Jose Manuel Rosales Noves.
A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, agradece o esforzo desenvolvido polos membros do xurado, que revisaron cada un dos 888 traballos presentados ao concurso.
Esta elevada cifra de participación certifica, en opinión de Rojo Noguera, que sí é posible suscitar o interese dos máis novos polas institucións que articulan o sistema democrático e o autogoberno de Galicia.
Os 888 participantes nesta edición do Concurso Escolar do Parlamento están escolarizados en 52 centros educativos. Destes, 21 pertencen á provincia da Coruña, 9 á de Lugo, 5 á de Ourense, e 17 á de Pontevedra.
GAÑADORES E FINALISTAS
Os seleccionados foron os seguintes:
CONCURSO DE DEBUXO:
• Centro escolar: Escola Rosalía de Castro. Vigo. Pontevedra.
• Clase: 4º B de primaria
• Profesor que supervisou á gañadora: D. José Manuel Carnero González
Persoa finalista:
CLARA FERNÁNDEZ CASÁS (
doc. num. 64348.1) (alumna de 4º de primaria no CEIP Raquel Camacho. A Coruña)
CONCURSO DE REDACCIÓN:
Persoa gañadora:
DANIEL VICENTE GUTIÉRREZ SALVADOR (
doc. núm. 64510.8)
• Centro escolar: IES Ánxel Fole. Lugo
• Clase: 2º da ESO
• Profesora que supervisou ao gañador: D.ª Carme Millares Fernández
Persoa finalista:
IRENE LÓPEZ GONZÁLEZ (
doc. núm. 64471)(alumna de 2º da ESO no CPR La Merced. Sarria. Lugo)
CONCURSO DE EXPRESIÓN LIBRE:
Persoas gañadoras: LARA RUBAL OTERO, CRISTIAN VIZCAÍNO RODRÍGUEZ E PATRICIA MARTÍNEZ PAZ (doc. núm. 64518.1)
• Centro escolar: IES San Rosendo. Mondoñedo. Lugo.
• Clase: 3º B da ESO
• Profesora que supervisou aos gañadores: D.ª Amparo Bermúdez González
Persoa finalista:
RAQUEL FERNÁNDEZ BARREIRO (
doc. núm. 64401.15 )(alumna de 4º da ESO no CPI Covaterreña. Baiona. Pontevedra).
Finalmente, o Xurado propón unha mención especial para as seguintes persoas:
ÁLVARO PAZOS FERNÁNDEZ (
doc. núm. 64554.2)(alumno de 2º ciclo no Centro de Educación Especial Saladino Cortizo. Vigo)
SARA PEDRIDO GARCÍA (
doc. núm. 64552.17) (alumna no Centro de Educación Especial Príncipe Felipe. Pontevedra)