O Parlamento de Galicia comprometeuse a facer accesible o seu sitio web, de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Esta declaración de accesibilidade aplicase ao sitio web do parlamento www.parlamentodegalicia.gal (tamen accesible mediante www.parlamentodegalicia.es, www.parlamento.gal ou a versión en castelán www.es.parlamentodegalicia.es)
Este sitio web é parcialmente conforme co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
A presente declaración foi preparada o 20 de maio de 2019.
O metodo empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliacón levada a cabo polo propio organismo.
Derradeira revisión da declaración: 20 de maio de 2019.
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro) como, por exemplo:
A través das seguintes vías:
As comunicacións serán recibidas e tratadas polo Servizo de Tecnoloxías da Información do Parlamento de Galicia.
O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.
O Parlamento de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
O contido está en formato HTML - unha linguaxe de composición de hipertexto, estándar aberto desenvolvido e recomendado polo W3C, o Consorcio da Web. Os elementos que constitúen o contido (imaxes, texto, estruturas, ligazóns) están escritos de xeito concorde ao nivel de prioridade AA das Directrices de accesibilidade para contido web do W3C (WCAG 2.1). Empréganse follas de estilo (CSS, outro estándar do W3C) para asignar os formatos de presentación e para distribuír nas páxinas os contidos e as ligazóns. Recoméndase empregar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Internet Explorer, etc.
Actualmente este sitio web estase a auditar para que todas as súas páxinas cumpran os requisitos de conformidade da Norma UNE-EN 301549:2019 (Que fai referencia ás directrices WCAG 2.1). Os requisitos da norma verificanse e comprobaronse cunha análise manual da accesibilidade mediante diferentes ferramentas semiautomáticas polo Servizo de Tecnoloxías da Información do Parlamento de Galicia.
Periodicamente realízanse revisións manuais e automáticas para garantir o nivel adecuado de accesibilidade. A última auditoría realizouse o día 20 de xuño de 2019.
Ligazóns acerca do contido web accesible:
Para facilitar a navegación este sitio web dispón das seguintes axudas:
Atallos de teclado:
Atallos de teclado | Seccións do PG | Páxinas do PG |
---|---|---|
0 | Accesibilidade | Páxina de accesibilidade do Parlamento de Galicia |
1 | Saltar ao contido | Sitúase no contido central da páxina. |
2 | Saltar ao pe de páxina | Saltar ao pe de páxina. |
3 | Mapa Web | Mapa da web do Parlamento de Galicia. |
4 | Buscador | Sitúase no buscador. |
5 | Páxina de inicio | Vai á páxina de inicio da web. |
6 | Directorio | Ver páxina co directorio telefónico do parlamento. |
7 | Contacto | Ver a páxina de contacto |
L | Escoitar a páxina | Arranca o lector por voz da páxina web. |
G | galego | Cambiar ao sitio web en galego. |
C | Castelán | Cambiar ao sitio web en castelán. |
Dependendo do navegador que use para acceder ao portal, será necesario utilizar unha combinación distinta de teclas para o uso dos atallos de teclado:
Sistema Operativo | Navegador | Combinación de teclas |
---|---|---|
Windows | Internet Explorer | Alt + Tecla de atallo |
Google Chrome | Alt + Tecla de atallo | |
Safari | Alt + Tecla de atallo | |
Firefox | Alt + Mayúscula + Tecla de atallo | |
MAC | Safari | Ctrl + Alt + Tecla de atallo |
Google Chrome | Ctrl + Alt + Tecla de atallo | |
Firefox | Ctrl + Tecla de atallo | |
Ubuntu | Firefox | Alt + Mayúscula + Tecla de atallo |