A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 24 de abril de 2026, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 52040 (12/PNC-004107)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Varela Fernández, Katherinie e 8 máis
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que traslade á Confederación Hidrográfica Miño-Sil e aos concellos afectados a necesidade de executar a limpeza dos leitos dos ríos e dos regatos da súa competencia
BOPG n.º 347f2, do 11.03.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse á Confederación Hidrográfica Miño Sil para levar a cabo unha correcta actuación de mantemento e limpeza dos canles dos ríos e regatos da súa competencia, e instar aos concellos afectados a facer o mesmo nos tramos da súa competencia”.
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 49659 (12/PNC-003856)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Martínez, Roberto e 8 máis
Sobre a demanda ao Goberno galego da posta en marcha, chegado o caso, das accións pertinentes en defensa dos intereses de Galicia e co obxectivo de acadar unha AP-9 de xestión galega e libre de peaxes
BOPG n.º 332f2, do 11.02.2026
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 17 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a, de non obter resposta ao requirimento feito neste inicio de ano diante do Goberno central para coñecer a contestación estatal á Comisión Europea tras o ditame sobre as prórrogas da AP-9, emprender cantas accións xudiciais se estimen pertinentes, en defensa dos intereses de Galicia, e co obxectivo último de acadar unha AP-9 de xestión galega e libre de peaxes.