saltar ao contido

Acordo da Comisión 6ª., Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 14 de decembro de 2022

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 14 de decembro de 2022, adoptou o seguinte acordo:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 44080 (11/PNC-003867)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis

Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para promover, en liña coa Alianza Europea por un Hidróxeno Limpo, unha alianza estratéxica para impulsar toda a cadea de valor da industria galega  respecto do hidróxeno renovable

BOPG n.º 416, do 02.12.2022

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a promover, en liña coa Alianza Europea por un Hidróxeno Limpo, unha alianza estratéxica para impulsar toda a cadea de valor da industria galega en torno ao hidróxeno renovable."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina