A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 20 de decembro de 2022, ao remate da sesión plenaria orzamentaria, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de decembro de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Texto Lexislativo
1.1 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, sobre o Proxecto de lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 42801, 11/PL-000017)
Punto 2. Mocións
2.1 44746 (11/MOC-000130)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre a política do Goberno galego respecto da atención primaria no sistema sanitario (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 27653, publicada no BOPG núm. 259, do 19 de xaneiro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 1 de decembro de 2022)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 418, do 07.12.2022
2.2 44785 (11/MOC-000131)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Carreira Pazos, Iria e Prado Cores, María Montserrat
Sobre a atención pediátrica na área sanitaria de Vigo (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 43584, publicada no BOPG núm. 410, do 16 de novembro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 1 de decembro de 2022)
2.3 44786 (11/MOC-000132)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa crise de prezos (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 42232, publicada no BOPG núm. 394, do 13 de outubro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 1 de decembro de 2022)
Punto 3. Proposicións non de lei
3.1 39782 (11/PNP-003401)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as medidas que debe desenvolver a Xunta de Galicia para a prevención do cancro de pulmón
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 07.09.2022
3.2 43708 (11/PNP-003719)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para garantir a execución do concerto social a través da Consellería de Política Social
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 412, do 22.11.2022
3.3 44025 (11/PNP-003732)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a demanda que debe facer a Xunta de Galicia ao Goberno central respecto da suba das peaxes da AP-9 e da AP-53
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 412, do 22.11.2022
3.4 44083 (11/PNP-003740)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 13 máis
Sobre as actuacións que debe demandar a Xunta de Galicia ao Goberno de España en materia da planificación de Red Eléctrica de España
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 412, do 22.11.2022
3.5 44269 (11/PNP-003763)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para facilitarlles a solicitude de axudas á pesca sustentable ás pequenas embarcacións
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 416, do 02.12.2022
3.6 44673 (11/PNP-003795)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as demandas que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno central respecto do papel de Galicia na produción de enerxía eléctrica
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 418, do 07.12.2022
Punto 4. Interpelacións
4.1 42989 (11/INT-002115)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre o novo modelo de residencias anunciado pola Xunta de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 401, do 26.10.2022
4.2 43196 (11/INT-002126)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre o financiamento das entidades locais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 407, do 09.11.2022
4.3 44383 (11/INT-002183)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 3 máis
Sobre os plans industriais das empresas eólicas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 418, do 07.12.2022
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
5.1 44921 (11/POPX-000089)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas que pensa tomar para garantir a recuperación industrial de Galicia
5.2 44940 (11/POPX-000090)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as medidas que vai adoptar para fortalecer a sanidade pública
Punto 6. Preguntas ao Goberno
6.1 44341 (11/POP-006603)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e Seco García, Martín
Sobre a posta en marcha por parte da Xunta de Galicia de axudas para o sector do comercio para frear o sobrecusto que xerou a electricidade causado pola guerra de Ucraína
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 416, do 02.12.2022
6.2 44920 (11/PUP-000296)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego da intención de modificar o Código Penal en relación co delito de malversación
6.3 43177 (11/POP-006490)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 4 máis
Sobre a medida proposta de rebaixa dun 40% nas taxas aos bingos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 404, do 03.11.2022
6.4 42871 (11/POP-006434)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María e Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para solucionar a limitación de acceso a servizos básicos que está vivindo a veciñanza de San Vicente de Leira, no concello de Vilamartín de Valdeorras
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 401, do 26.10.2022
6.5 44045 (11/POP-006571)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 6 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego do impacto que a suba do IPC vai ter nas peaxes das autoestradas na Comunidade Autónoma de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 416, do 02.12.2022
6.6 43364 (11/POP-006514)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia para realizar as obras necesarias nos centros de educación infantil e primaria da Gándara e da Solaina, no concello de Narón
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 407, do 09.11.2022
6.7 44910 (11/PUP-000294)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís
Sobre as previsións que ten a Xunta de Galicia para dar cobertura a todas as solicitudes de axudas por ampliación de superficie e novas incorporacións agrogandeiras ao ecolóxico
6.8 44911 (11/PUP-000295)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre as previsións que ten o Goberno galego ante a situación que poden vivir os produtores agrogandeiros en ecolóxico que quedasen fóra das axudas
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2022
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente