Santiago, 13 de decembro de 2022.- Un grupo de cinco concelleiros que formaron parte da primeira lexislatura da democracia do Concello de Boqueixón (A Coruña) visitaron este mediodía o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira. Acudiron acompañados polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernandez Munín, e polo deputado e exalcalde Ovidio Rodeiro Tato.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.