A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 29 de novembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 43810 (11/PNC-003848)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Domínguez, Sandra e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para axilizar a tramitación do decreto que regulará a carreira investigadora na Administración
BOPG n.º 410, do 16.11.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a axilizar a tramitación do anunciado decreto que regulará a carreira investigadora na Administración galega, baixo a modalidade do réxime laboral, ofrecendo un marco de traballo estable e atractivo para o talento investigador, facilitando ademais o desenvolvemento de tecnoloxías que se están a realizar nos centros do sector público, procurando o consenso do colectivo”.