saltar ao contido

Acordo da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 16 de novembro de 2022

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 16 de novembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 42595 (11/PNC-003737)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 7 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para establecer unha canle de información permanente sobre a situación da central térmica das Pontes e a convocatoria urxente para adxudicar os 700 MW de capacidade eléctrica dispoñible
BOPG n.º 397, do 19.10.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar o Goberno de España:
 
1. Establecer un canal de información permanente sobre a situación da central térmica das Pontes ao abeiro da Mesa das Pontes promovida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, amosando a máxima sensibilidade para non deixar fóra do proceso de transformación aos traballadores de Endesa, a industria auxiliar e aos transportistas, nin tampouco á Administración Autonómica.
 
2. Sendo un nó de transición xusta, que o Ministerio aclare a capacidade real e efectiva deste nó e para que se vai a destinar esta capacidade."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina