5.1 28510 (11/PNP-002499)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que inicie o proceso de revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar e os adapte ás circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 26.01.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para instalo a iniciar o proceso de revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar, adecuando os mesmos as circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola".
5.3 32845 (11/PNP-002861)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Porro Martínez, María Corina e 9 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da inclusión na planificación de Rede Eléctrica de España para 2021-2026 da conexión de Vigo á rede de moi alta tensión e da construción dunha nova subestación no polígono de Balaídos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 300, do 30.03.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“1.- O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España que rectifique e inclúa na planificación de Rede Eléctrica de España para 2021-2026 a conexión de Vigo á rede de Moi Alta Tensión e a construción dunha nova subestación no polígono de Balaídos para atender as necesidades de subministro da industria, demostrando así o seu compromiso con Vigo e a automoción viguesa.
2.- O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar tamén ao Goberno de España para que converta o PERTE do vehículo eléctrico e conectado nunha ferramenta na que sustentar realmente a transformación do sector da automoción con criterios xustos e transparentes, que permita garantir a continuidade de Stellantis en Vigo e a súa posición como primeiro fabricante en España a través de axudas que faciliten o acceso ás novas plataformas e aos modelos eléctricos, o que repercute na industria auxiliar galega directamente e en miles de empregos asociados”.