saltar ao contido

Acordos da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 7 de abril de 2022

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 7 de abril de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións

 
- 32343 (11/PNC-002897)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno central de modificacións normativas, así como sobre a adopción de medidas propias, para facilitar a xubilación anticipada e parcial do persoal estatutario e funcionario dos servizos de saúde
BOPG n.º 296, do 23.03.2022
 
Sométese a votación separada por puntos co resultado seguinte:
 
Punto primeiro: aprobado pola unanimidade dos 11 deputados presentes
 
Punto segundo: rexeitado por 5 votos a favor, 6 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a desenvolver a Lei do Estatuto xurídico dos empregados e empregadas públicas de saúde de Galicia, contemplado no punto 3 do artigo 109 da Lei 8/2008."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 32118 (11/PNC-002872)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre as medidas que debe impulsar o Goberno galego en materia de acollemento de persoas refuxiadas en Galicia
BOPG n.º 296, do 23.03.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a traballar de maneira coordinada co Goberno de España en materia de migracións e política exterior a:

1.- Reclamar do Goberno do Estado a dotación de recursos extraordinarios a dispoaición das comunidades autónomas e as entidades locais, de tal maneira que se repartan de forma solidaria os esforzos para ofrecer una correcta atención ás persoas desprazadas, así como a promover a súa inclusión social e facilitarlle o acceso ao emprego.
 
2.- No marco das súas competencias, a Xunta de Galicia creará una oficina de apoio, asesoramento e acompañamento de persoas refuxiadas e demandantes de asilo que cheguen a Galicia dirixida a facilitar información e acompañar ás persoas migrantes que se atopen nesta situación.
 
3.- Continuar a traballar, desde a coordinación, co Goberno de España no plan de acollida para persoas refuxiadas que contemple, entre outras, medidas de apoio xurídico, programas sociolaborais, educativos, sanitarios, medidas de apoio psico-social, con especial atención a colectivos vulnerables como mulleres, persoas con discapacidade e menores de idade, en coordinación coas Comunidades Autónomas, que una vez aprobado, será desenvolvido e implementado pola Xunta de Galicia no ámbito das súas competencias."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina