A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 19 de novembro de 2018, ás 10:00 hs., no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de novembro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
A orde do día é a seguinte :
Punto 1. Debate de totalidade do Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 (doc. núm. 39155, 10/PL-000010)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 374, do 19.10.2018
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 382, do 13.11.2018
Punto 2. Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 39156, 10/PL-000011)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 374, do 19.10.2018
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 382, do 13.11.2018
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2018
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente