Santalices invita a reflexionar sobre a política útil e centrada no ben común
Santiago, 14 de abril de 2026.- “ A memoria de figuras como Leopoldo Calvo-Sotelo contribúe a fortalecer a nosa democracia e transmitir ás novas xeracións o valor do compromiso público", defendeu hoxe o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, nos actos conmemorativos do centenario do seu nacemento que se celebraron en Ribadeo.
Na súa intervención no pleno celebrado no Concello, Santalices referiuse ao expresidente do Goberno como “un home de Estado nun tempo decisivo", cuxa figura invita a reflexionar sobre a importancia da política útil, centrada no ben común e afastada da confrontación estéril.
Lembrou ademais o xefe do Lexislativo a coincidencia da traxectoria política de Calvo Sotelo coa construción do autogoberno de Galicia, que cristalizou no Estatuto de Autonomía. “O Estatuto supuxo o recoñecemento da identidade de Galicia e a apertura dun camiño de autogoberno que hoxe continúa a desenvolverse desde as nosas institucións", destacou.
Saúdos, Gabinete de Comunicación