Santiago, 29 de outubro de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, considera que o fundador e primeiro secretario xeral de Comisións Obreiras, Marcelino Camacho, falecido a pasada noite, “será recordado como paradigma de persoa íntegra e coherente”.
Rojo Noguera expresou esta opinión nunha mensaxe de solidariedade enviada esta mañá ao secretario xeral de CC.OO. de Galicia, Xan María Castro.
Saúdos, Gabinete de Comunicación