saltar ao contido

Pilar Rojo recorda que son as propias Comisións parlamentarias as que configuran as súas ordes do día

 
A presidenta do Parlamento amósase sorprendida polas declaracións de deputados socialistas en relación coa ponencia de reforma da CRTVG
 
 
 
• Unha vez constituída a Ponencia, non é competencia da Presidencia do Parlamento valorar nin organizar o ritmo dos traballos, xa que son os propios órganos de cada Comisión os encargados desa tarefa

Santiago, 19 de outubro de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, aclara, en resposta a un escrito que lle foi remitido onte polo Grupo Socialista en relación co funcionamento da ponencia de reforma dea CRTVG, que son as propias Comisións da Cámara as encargadas de organizar o seu traballo e configurar as súas propias ordes do día.
 
Nun escrito remitido ao Grupo Socialista, a presidenta da Cámara aclara que, unha vez constituída a Ponencia, non é competencia da Presidencia do Parlamento valorar nin organizar o ritmo dos traballos, xa que son os propios órganos de cada Comisión os encargados de fixar a orde do día, tal e como establece o Regulamento do Parlamento de Galicia.
 
“Sorpréndeme –afirma Pilar Rojo no escrito-, as declaracións das súas señorías, ás que supoño coñecedoras do Regulamento do Parlamento de Galicia, o que fai que desde a miña posición institucional me vexa obrigada a matizar a cuestión que suscitan para axustarnos ao rigor que todos debemos observar nesta Cámara”.

Saúdos, Gabinete de Comunicación

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina