saltar ao contido

Pilar Rojo recaba apoios dos presidentes de parlamentos rexionais para aprobar unha declaración de respaldo ao Xacobeo e os Caminos de Santiago en Europa

Participa en Trento na XIV Asemblea de CALRE, que mañá someterá a votación o documento promovido polo Parlamento de Galicia
 
 

Santiago, 4 de outubro de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, dedica a xornada de hoxe na XIV Asemblea Xeral da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Rexionais Europeos, a recabar o apoio dos seus homólogos co obxectivo de poder aprobar un documento de apoio á celebración do Xacobeo e poñendo en valor todos os Camiños de Santiago.
 
Deste xeito, e ao tempo que se debateron as diferentes emendas ao novo Regulamento da CALRE, a xefa do Lexislativo galego mantivo diferentes encontros tanto cos presidentes dos parlamentos autonómicos españois presentes en Trento, como cos responsables das asembleas lexislativas doutras rexións europeas para conciencialos sobre a transcendencia do feito xacobeo e das distintas rutas de peregrinación que conducen a Santiago de Compostela e a Galicia.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina