saltar ao contido

Pilar Rojo felicita á BRILAT pola insignia de ouro que lle outorgou a Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago


 
 

Santiago, 6 de novembro de 2013.- A presidenta do Parlamento de Galicia felicitou á BRILAT por ser distinguida coa insignia de ouro da Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago, que lle foi entregada nun acto celebrado esta tarde na sede da Deputación Provincial de Pontevedra e que foi clausurado pola titular do lexislativo autonómico.
 
Na súa intervención, Rojo Noguera subliñou que “desde os seus respectivos ámbitos de actuación, tan diferentes como necesarios, tanto a BRILAT, como a Asociación de Amigas e Amigos do Camiño Portugués a Santiago foron quen de forxar un espazo propio e insubstituíble en Pontevedra, pero tamén con repercusión en toda Galicia”.
 
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do  Parlamento de Galicia.

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina