saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 12 de novembro de 2013

 
A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 12 de novembro de 2013, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 5 de novembro de 2013, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Texto lexislativo
 
Debate de toma en consideración da Proposición de lei, formulada polo G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de modificación da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (doc. núm. 1012, 09/PPL-000004).
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 04.12.2012
 
Punto 2. Comparecencia
 
14693 (09/CPP-000111)
Da Sra. conselleira de Traballo e Benestar, a petición propia, para informar do novo modelo normativo para a prestación de servizos da área social
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 14540 (09/MOC-000040)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre as actuacións que se deben levar a cabo en relación coa aplicación en Galicia do copagamento dos medicamentos dispensados en boticas hospitalarias aos doentes con patoloxías crónicas non hospitalizados. (Moción a consecuencia da Interpelación núm. 1291, publicada no BOPG núm. 171, do 03.10.2013, e debatida na sesión plenaria do 29.10.2013)
 
3.2 14572 (09/MOC-000041)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en materia de política industrial. (Moción a consecuencia da Interpelación núm. 11301, publicada no BOPG núm. 153, do 05.09.2013, e debatida na sesión plenaria do 29.10.2013)
 
3.3 14578 (09/MOC-000042)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que se deben levar a cabo en relación co informe do administrador concursal respecto do proxecto empresarial de Alimentos Lácteos, S.A. (Moción a consecuencia da Interpelación núm. 13059, publicada no BOPG núm. 171, do 03.10.2013, e debatida na sesión plenaria do 29 de outubro de 2013)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 1458 (09/PNP-000113)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 2 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto de calquera medida que supoña desprotección contra a enfermidade por limitación dos recursos económicos no territorio galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 19.12.2012
 
4.2 6963 (09/PNP-000520)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para evitar posibles fraudes fiscais nas operacións mercantís e transmisións patrimoniais realizadas polos grandes patrimonios e grupos económicos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 95, do 02.05.2013
 
4.3 7422 (09/PNP-000557)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sánchez Bugallo, José Antonio e 2 máis
Sobre a modificación polo Goberno galego da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, para establecer, entre outros aspectos, a posibilidade de adoptar medidas efectivas destinadas a incentivar a utilización de vivendas baleiras e a eventual penalización da súa situación de desuso
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 102, do 15.05.2013
 
4.4 10405 (09/PNP-000787)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Martínez García, María Consuelo
Sobre a reclamación ao Estado por parte do Goberno galego, para que as bonificacións fiscais reintegradas ao Estado por decisión da Comisión Europea, sexan transferidas ás Comunidades Autónomas con destino a medidas de apoio e fomento da competitividade e promoción do sector naval
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 146, do 02.08.2013
 
4.5 14135 (09/PNP-000992)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para o cumprimento da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e a creación dos xulgados específicos naquelas cidades que aínda carecen deles
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 29.10.2013
 
4.6 14190 (09/PNP-000995)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para garantir a permanencia en Galicia do patrimonio artístico das extintas caixas de aforros galegas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 29.10.2013
 
4.7 14287 (09/PNP-001000)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 14 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 29.10.2013
 
4.8 14299 (09/PNP-001001)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez González, Román e 6 máis
Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias para mellorar a regulación das actividades ou tarefas que se desenvolven fóra do horario escolar nos centros educativos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 29.10.2013
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 10112 (09/INT-000383)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Calvar, María Carmen e 2 máis
Sobre a aplicación polo Goberno galego de políticas en materia de familia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 143, do 30.07.2013
 
5.2 10683 (09/INT-000415)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
García García, Pablo e 2 máis
Sobre a avaliación polo Goberno galego dos acordos acadados na Conferencia Sectorial de Agricultura sobre o modelo de aplicación da nova PAC
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 153, do 05.09.2013
 
5.3 13283 (09/INT-000484)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Solla Fernández, Eva
Sobre a privatización da alta tecnoloxía sanitaria no Sergas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 175, do 09.10.2013
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 14666 (09/POPX-000044)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez Romeu, José Luis
Sobre o incremento das taxas que pagan as familias
 
6.2 14669 (09/POPX-000045)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre a previsión polo Goberno galego dalgunha actuación para paralizar o proceso de venda de Novagalicia Banco
 
6.3 14689 (09/POPX-000046)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre as medidas de emerxencia previstas polo Goberno galego para superar os niveis de pobreza e exclusión social e a súa conexión coa regresión demográfica de Galicia
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 10553 (09/POP-000958)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 8 máis
Sobre a contribución do Goberno galego na elaboración da Estratexia nacional para a erradicación da violencia de xénero
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 153, do 05.09.2013
 
7.2 14690 (09/PUP-000067)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Beiras Torrado, Xosé Manuel e Díaz Pérez, Yolanda
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para acadar en primeira instancia a suspensión do proceso de venda de Novagalicia Banco
 
7.3 13030 (09/POP-001147)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Calvar, María Carmen e 3 máis
Sobre as vantaxes que supón, respecto da arbitraxe do Instituto Galego de Consumo, a nova vía de arbitraxe xudicial ou conciliación xudicial para as persoas afectadas no caso das participacións preferentes e obrigas subordinadas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 171, do 03.10.2013
 
7.4 13943 (09/POP-001214)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 4 máis
Sobre a suficiencia da actual dotación de psiquiatras do Sistema público de saúde para as necesidades de Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 184, do 23.10.2013
 
7.5 14673 (09/PUP-000066)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pombo Rodríguez, Cosme Eladio
Sobre a situación da fábrica de Cementos Cosmos do Oural (Sarria-Lugo)
 
7.6 13814 (09/POP-001206)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Fajardo Recouso, Juan Manuel
Sobre as medidas previstas para evitar no futuro as consecuencias da demora no peche das zonas das rías afectadas pola toxina e compensar ao sector polas perdas producidas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 184, do 23.10.2013
 
7.7 14078 (09/POP-001225)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel
Sobre as medidas adoptadas en relación coa incidencia do actual episodio de marea vermella en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 29.10.2013
 
7.8 14301 (09/POP-001241)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 2 máis
Sobre a valoración da Xunta de Galicia dos efectos das chuvias e do arrastre de cinzas nas zonas queimadas durante o verán no concello de Carnota
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 29.10.2013
 
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013
 
 
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina