saltar ao contido

O Parlamento de Galicia e a Asociación de exparlamentarios celebraron o venres candansúa charla divulgativa en Meira e Gondomar


• O venres 19 de abril, os IES Auga da Laxe, de Gondomar, e Pedregal de Irimia, en Meira,  contaron con exparlamentarios que explican cómo funciona o Parlamento de Galicia
 
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2013.- O ciclo de charlas itinerantes organizadas polo Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios para explicar o funcionamento da Cámara autonómica aos estudantes de secundaria chegou este venres 19 de abril aos IES Auga da Laxe, de Gondomar, e Pedregal de Irimia, en Meira.
 
En Gondomar, catro exparlamentarios describiron aos estudantes o funcionamento da Cámara autonómica: trátase de Ramón Sestelo Fernández (PPdeG), Pedro Manuel Mariño Campos (PSdeG-PSOE), Francisco Trigo Durán (BNG) e Pablo Padín Sánchez (CG).
 
No IES Pedregal de Irimia de Meira  a charla correrá a cargo de Fernando Carlos Rodríguez (PPdeG), Ismael Rego González (PSdeG-PSOE) e Alberte Xullo Rodríguez (BNG).
 
Os exdeputados explican a composición, os órganos e as funcións da Cámara, entre outros aspectos destacados da institución autonómica. Os centros participantes tamén reciben do Parlamento un lote de libros para as súas bibliotecas.
 
Con esta actividade que implica a participación dos estudantes, o Parlamento de Galicia quere promover o interese da mocidade galega pola vida política e as principais institucións da Comunidade autónoma.
 
As charlas forman parte da estratexia de divulgación do  Parlamento de Galicia, que inclúe outras iniciativas como o Concurso Escolar, o programa de visitas guiadas á sede da institución ou a edición de material bibliográfico específico para o público infantil e xuvenil.
 
Calquera centro educativo interesado en acoller unha actividade deste tipo pode contactar co Parlamento de Galicia para solicitala.
 
Previsión informativa:
 
Charla-coloquio Meira
 
• Lugar: IES Pedregal de Irimia. Rúa Federico González López, s/n. Meira .
• Data e hora: 19/04/2013, 13:10 h.
• Participantes:
- Fernando Carlos Rodríguez  (PPdeG)
- Ismael Rego González (PSdeG-PSOE)
- Alberte Xullo Rodríguez (BNG)
   
Charla-coloquio Gondomar
• Lugar: IES Auga da Laxe. Campo da Feira, Gondomar.
• Data e hora: 19/04/2013, 12:30 h.
• Participantes:
- Ramón Sestelo Fernández (PPdeG)
- Pedro Manuel Mariño Campos (PSdeG-PSOE)
- Francisco Trigo Durán (BNG)
- Pablo Padín Sánchez (CG)   

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia
 

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina