saltar ao contido

Tres novos deputados toman posesión no Parlamento de Galicia


• Trátase de Ángel Camino Copa, María Marta Rodríguez-Vispo e José Alberto Pazos Couñago

Santiago, 29 de xaneiro de 2013.- Os deputados Ángel Camino Copa, María Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez e José Alberto Pazos Couñago tomaron posesión esta mañá ao inicio do Pleno do Parlamento de Galicia.
 
Ángel  Camino Copa
 
Naceu en O Incio en 1944.  Estudos de peritaxe mercantil. Desde 1983 a 1987 exerceu como voceiro do PP no Incio. Desde 1987 ata o 2011 foi  alcalde do Incio. Foi durante dúas lexislaturas deputado provincial. Membro da Comité Executivo Rexional e da Xunta Directiva do PPdeG desde 2006. Deputado do PPdeG por Lugo. Substitúe a Susana López Abella.
 
Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez
 
Natural de Ourense. Casada e con dúas fillas. Licenciada en farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Licenciada en ciencia e tecnoloxía dos alimentos pola Universidade de Vigo. Diplomada en sanidade. Especialista en xestión e administración sanitaria. Diploma de directivo da Xunta de Galicia. Funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia da escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria. Foi concelleira en Ourense na lexislatura 2007-2011. Deputada no Parlamento de Galicia na VIII lexislatura. Deputada do PPdeG por Ourense. Substitúe a Antonio Rodríguez Miranda.
 
José Alberto Pazos Couñago
 
Naceu en Redondela en 1972. É licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e pola Universidade Centro Europeo de Estudios Superiores (actualmente, UEM). Ten o Máster en asesoría xurídica de empresas.  Foi concelleiro do PP en Redondela dende 2007 e deputado provincial polo partido xudicial de Vigo dende 2011 ata 2012. Vogal da Comisión de Dereitos e Garantías do PPdeG . Deputado do PPdeG por Pontevedra. Substitúe a Nava Castro Domínguez.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina