saltar ao contido

O Parlamento de Galicia acolle a exposición "Economía social no corazón da nosa historia"

21/12/2022

  • A mostra, Impulsada polo Foro pola Economía Social Galega, poderá visitarse no Pazo do Hórreo ata o 27 de xaneiro
  • Santalices expresa o apoio do Parlamento á economía social e a todos os movementos sociais da Comunidade

Santiago, 21 de decembro de 2022.- O parlamento de Galicia acolleu esta mañá a inauguración da exposición Economía Socia no corazón da nosa historia, promovida polo Foro para a Economía Social Galega (FOROESGAL) coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta e o patrocinio da Caixa Rural Galega.

A mostra, que poderá visitarse no Pazo do Hórreo ata o próximo 27 de xaneiro, fai un percorrido pola historia da economía social galega e rende homenaxe as todos os seus artífices.

No acto inaugural, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, amosou a súa satisfacción por acoller na Cámara unha mostra destas características, contribuíndo a poñer o foco sobre a economía social, un conxunto de actividades de “enorme peso no conxunto da nosa economía" e, aínda así, descoñecida para boa parte da poboación malia o elevado volume de emprego e riqueza que xera.

Santalices aproveitou a ocasión para expresar o “apoio, agora e sempre" do Parlamento de Galicia á economía social, e tamén a todos os movementos sociais que operan en Galicia.

O presidente do Parlamento foi precedido no uso da palabra pola conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; e polo presidente de FOROESGAL, Celso Gándara.​​

Saúdos, Gabinete de Comunicación.​​


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina