saltar ao contido

Presidencia

Saúdo do presidente

Video en lingua de signos do saudo do presidente

Un Parlamento á procura dunha Galicia mellor

Para cantos formamos parte deste Parlamento, é unha honra traballar na procura dunha Galicia mellor para todos e todas. Boa parte dese traballo pode consultarse a través desta web, incluídas as emisións en directo das sesións do Pleno e das diferentes comisións do Parlamento de Galicia.

Máis aló das lóxicas diferenzas que afloran na institución parlamentaria, estou seguro de que uns e outros tratamos de estar á altura do que agarda de nós o conxunto de Galicia, pero tamén do que, sen dúbida, nos demandarían tantos e tantos galeguistas que nos precederon e que traballaron sen acougo para que Galicia contase coas súas propias institucións de autogoberno, como as actuais, xurdidas da Constitución e o Estatuto vixentes.

Son moitos os retos que temos por diante, pero tamén as oportunidades para superalos con éxito se todos e todas nos aplicamos na súa resolución con lealdade a Galicia.

Como presidente da Cámara, convido ao conxunto dos galegos e galegas a se achegaren ao Parlamento de Galicia, ben a través desta web, que permite coñecer o que aquí se fai, ben a través dunha visita guiada á nosa sede, que poden xestionar neste mesmo portal.

Benvidas e benvidos á web do Parlamento de Galicia.

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia

Foto de Don Miguel Santalices Vieira (Presidente)
Miguel Santalices Vieira

Curriculum vitae

Caixa de correo da Presidencia

O presidente escóitate: deixa suxestións e propostas sobre os asuntos do teu interese

Axenda

Marzo 2024
#
Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
Sábado
Domingo
9
26
27
28
29
01
02
03
11
12
13
14
15
16
17
12
20
21
22
23
24
13
25
26
27
28
29
30
31
saltar ao pe de páxina