Visita institucional do delegado de Defensa en Galicia ao Parlamento

visita 08/03/2019

Santiago, 8 de marzo de 2019.- O coronel Antonio Bernal Martín, que recentemente tomou posesión como delegado de Defensa en Galicia, efectuou esta mañá unha visita institucional de presentación ao Parlamento de Galicia, onde se reuniu co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
O presidente do Parlamento reiterou ao delegado de Defensa o compromiso da Cámara co fortalecemento das relacións institucionais coas Forzas Armadas.

Imaxes relacionadas