saltar ao contido

Unha delegación do estado brasileiro de Paraná e da provincia arxentina de Misiones visita o Parlamento de Galicia

Visita 07/09/2017

Santiago, 7 de setembro de 2017.- Unha delegación integrada por deputados, alcaldes, funcionarios e empresarios do estado brasileiro de Paraná, xunto con representantes da provincia arxentina de Misiones, visitaron esta mañá o Parlamento de Galicia no marco dunha xira organizada pola Asociación de Rexións Europeas Fronteirizas (ARFE) para dar a coñecer a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
 
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Viera, explicoulles o funcionamento e a historia da institución e acompañou aos visitantes durante o percorrido polas dependencias do Pazo do Hórreo. Tamén participou no acto a secretaria da Mesa da Cámara, Raquel Arias.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina