Santiago, 16 de maio de 2017.- O novo presidente do Centro Galego de Barcelona, Carlos Mandianes, visitou hoxe o Parlamento de Galicia, onde mantivo un encontro co titular da institución, Miguel Ángel Santalices Vieira, que se interesou pola situación e as actividades desta entidade asociativa.
Santalices desexoulle sorte a Mandianes como presidente do Centro Galego de Barcelona, cargo ao que acedeu recentemente. Durante o encontro, Mandianes entregou a Santalices o último exemplar da revista Alborada, editada polo Centro Galego e casas de Galicia de Barcelona e provincia.