saltar ao contido

O presidente do Parlamento de Galicia visitou a sede de Previsión Sanitaria Nacional

Visita 28/04/2017

Santiago, 28 de abril de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, visitou hoxe a nova sede central do grupo empresarial Previsión Sanitaria Nacional (PSN), en Madrid, onde foi recibido e acompañado polo presidente do grupo, Miguel Carrero, que lle amosou as instalacións.
 
O presidente de PSN informou ao titular da Cámara galega da implantación do grupo en España e Portugal, e tamén do arraigo en Galicia, onde contan con 10 oficinas de atención aos seus máis de 10.000 mutualistas. Carrero anunciou que no vindeiro mes de xuño inaugurarán dúas novas sedes en Ourense e Pontecedra, e que están a acondicionar duas máis, en Lugo e Vigo.
 
A visita de Santalices á sede de PSN responde a unha invitación do presidente da empresa e coincide cun desprazamento para pronunciar unha conferencia sobre “Parlamento, Medicina e Sociedade”, por proposta da Asociación de Médicos Galegos de Madrid.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina