Simbolos de Galicia Web Parlamento de Galicia
Inicio Galego Castellano English
A BANDEIRA Simbolos de Galicia O ESCUDO Simbolos de Galicia O HIMNO Simbolos de Galicia LEXISLACIÓN Simbolos de Galicia DESCARGAS
Simbolos de Galicia

A Bandeira

HISTORIA E EVOLUCIÓN Simbolos de Galicia ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS

Simbolos de GaliciaUnha bandeira de mar para amparar sentimentos

A bandeira de Galicia inspÍrase na da capitanía marítima de A Coruña coa incorporación do escudo do Antigo Reino proveniente do século XIII

Como moitas outras bandeiras que representan a diversos territorios, a bandeira institucional de Galicia, formada por un fondo de cor branco cruzado por unha franxa trasversal de cor azul celeste dende o borde superior esquerdo do campo ata o inferior dereito, ten a súa orixe no mar. A propia insignia española, constituida por dúas bandas bermellas cunha amarela central de dobre grosor que as restantes, procede dun concurso organizado polo rey Carlos III para dotar á Marina Española dun distintivo capaz de recoñecer fácilmente na distancia e suficientemente orixinal para que non se confundira con outras insignias pertencentes a países extranxieros nas que as cores branca, azul e vermella eran as máis empregados na súa composición e podían chamar a equívoco. A galega nace da bandeira da Capitanía Marítima de A Coruña.

Simbolos de Galicia

A bandeira actual que mantén o tradicional lenzo branco, inspírase na da Capitanía Marítima de A Coruña que os emigrantes galegos vían por derradeira vez, cara fináis do século XIX e comezos do XX, antes de abandonar definitivamente as costas galegas con destino á emigración, ondeando no edificio do porto. Era unha bandeira igual á que oficializou a Lei 5/84 de 29 de mayo do 1984, aínda que non levaba o escudo co cáliz e as sete cruces que hoxe constitúe o complemento para conformar a bandeira institucional, produto da fusión da bandeira branca e azul co tradicional emblema do século XIII que xa estaba presente nas armas do Antigo Reino de Galicia.

A bandeira, sen engadido algún, viaxou polo tanto no pensamento da poboación emigrante que cruzaba o Atlántico, e consolidouse como estandarte entre os galegos de La Habana primeiro, para implantarse máis tarde en todo o ámbito da Galicia que vivía no exterior. No 1898, o xornal editado polos galegos de Cuba, "El Eco de Galicia" publicaba as normas que definían a bandeira que representaría a Galicia en todos os seus actos: "El fondo es blanco, y desde el ángulo superior de la izquierda hasta el ángulo inferior de la derecha, atravesando el centro, una franja de color azul que debe tener de ancho la tercera parte del alto o ancho total de la bandera".

Así cursou a viaxe de volta cara España e así ten pervivido ata a consagración definitiva de Galicia como Comunidade Autónoma, que institucionalizou o seu deseño final e as disposicións que regulan o seu uso, engadindo o símbolo do cáliz e as sete cruces, de raigame medieval, sobre a banda celeste ata definir a bandeira que hoxe nos representa.